ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA   

COÑECE AS ORIXES: ATAPUERCA 

O xacemento de Atapuerca (Burgos) proporciona moita información sobre as orixes do home. Este é o tema do programa de animación á lectura deste trimestre. Aquí podes algo da formación xeolóxica e nesta ligazón para saber da historia e formación de Atapuerca así como  do tempo xeolóxico.

O xurado do premio decidíu conceder o premio ao alumno Santiago Agra Bermejo de 2 de Bacharelato D que descubríu que o autor escondido era Oscar Wilde.  Noraboa! 

Actividades da biblioteca no primeiro trimestre: Concurso: Con motivo da celebración do día da Biblioteca Escolar vaise realizar un concurso de pistas para descubrir a identidade dun escritor.

Dirixido ó alumnado de 3 ESO - 4 de ESO e de Bacharelato.

Data límite de entrega: 18 de novembro

Lugar de entrega:biblioteca

Facilitar as pistas: Os titores e as titoras.

A Festa do Magosto.

Pequena investigación sobre esta festa popular galega. Uso das castañas na alimentación. Receitas de cociña. Relación do magosto cos ritos de Defuntos etc.

Dirixido ó alumnado de primeiro ciclo de ESO.

Data límite de entrega: 28 de novembro

Lugar de entrega:biblioteca

Facilitar o esquema de traballo: Os titores e as titoras.

Coņece  a un escritor/a e a sua obra.

Exposición de fragmentos de obras dun autor/a para dalo a coñecer.

Neste trimestre a autora é Lindsey Davis. Exporánse fragmentos das aventuras de Marco Didio Falco, investigador na Roma imperial, xunto ca biografía da autora e os mapas e planos onde discurre a acción das súas novelas.