Inicio > Outras actividades
 

OUTRAS ACTIVIDADES

Ademais da participación na Feira da Ciencia, o departamento leva a cabo todos os anos outras actividades como a saída ás setas e a asistencia ao Día da Ciencia na Rúa.
 

SAIDA ÁS SETAS 

A saída ás setas tamén é unha das actividades típicas do departamento de ciencias. Tódolos anos, no outono, facemos unha saída con alumnos de 4º ESO coa finalidade de recoller exemplares para montar posteriormente unha exposición que está aberta a todos. O noso lugar preferido é O Campo do Oso, en Mondoñedo, un monte moi fermoso do que non só traemos gran variedade de cogumelos senón tamén material para distintos traballos da feira da ciencia (esqueleto de cabalo, cranios de vaca, xabaril, poldro, …). Merece a pena!!!
Máis información
 

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

O IES Porta da Auga leva xa moito tempo participando no "Día de la Ciencia en la Calle" ou "Día na Ciencia na Rúa" (dependendo da edición) que tódolos anos organizan a primeiros de maio os Amigos da Casa das Ciencias no Parque de Sta Margarita.
Trátase dunha xornada na que algúns centros de toda Galicia se achegan á Coruña para que a xente da rúa poida observar unha mostra dos traballos e exposicións científicas realizados polos alumnos de cada centro.