DÍA DA CIENCIA NA RÚA
O
IES Porta da Auga leva sempre
unha selección dos traballos presentados un mes antes, na Feira da
Ciencia. E como xa son moitos anos de participación, xa temos ido para
a Coruña con esqueletos varios, mandíbulas de peixes, maquetas de
proteinas e a súa relación cos prións (causantes do mal das vacas
tolas), ósos blandos, algarios, ………….
A boa acollida que ten esta actividade entre os nosos alumnos/as,
tendo en conta que a participación sempre é voluntaria e ademais en día
non lectivo, confírmanos o interesante que resulta.