Astronomía

 

Os Pitagóricos foron os primeiros que idearon un modelo cosmolóxico, baseado na teoría xeocéntrica, para explicar o movemento dos astros.

Situaron á Terra no centro do Universo e á Lúa, ó Sol e ós cinco planetas visibles (Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno) arredor dela en órbitas concéntricas. Estas órbitas estaban a unha distancia da Terra proporcional á escala musical, de tal xeito que cada astro ó xirar producía o son dunha nota característica . En conxunto interpretaban unha música ou “ Canto Celestial”, a Harmonía do Universo.

Pitágoras chegou a afirmar que en noites de calma podía escoltarse este canto.