Contribucións matemáticas da Escola Pitagórica

(Debido a costume que tiñan no círculo cerrado da Orde de transmitir os coñecementos unicamente de forma oral, e ó imperante segredo cara ó exterior, moitas das súas contribucións coñécense por autores posteriores como Euclides e outras atribúenselles, sen que haxa unha certeza totalmente fiable desa autoría.)

Foron os primeiros que introduciron a necesidade de demostrar as proposicións matemáticas de maneira inmaterial e intelectual, ó marxe do seu sentido práctico.

Dividiron o saber científico en catro ramas, (os catro mathema ):

Aritmética

Xeometría

Música

Astronomía