Algúns detalles da súa vida

 

  • Naceu na illa grega de Samos, polo 580 a. de C.
  • Coñeceu a Tales de Mileto, que lle aconsellou viaxar a Exipto, Fenicia e Babilonia. Despois destas viaxes retornou a Samos.
 
 
  • A opresión do tirano e dictador Polícrates fixo que se trasladase ó sur de Italia á cidade estado de Crotona onde fundou a “Orde dos Pitagóricos” , sociedade secreta, relixiosa, filosófica e matemática de homes e mulleres.
  • Casouse coa súa discípula máis brillante, Teano , filla de Milón, rei de Crotona , a primeira muller matemática da historia, que incluso chegou a dirixir a Orde dos Pitagóricos á morte do maestro.
 
 
  • Os Pitagóricos foron expulsados de Crotona e a súa sede incendiada, polo que se viron obrigados a trasladarse a Metaponte, cidade na que morreu.
  • A súa influencia estendeuse ó longo dos séculos por todo o Mediterráneo.

Algunhas curiosidades

  • É o matemático máis coñecido da historia, sobre todo por un teorema que, levando o seu nome, non é del, xa o utilizaban os babilonios e exipcios moitos séculos antes de que el nacera. Non por isto a súa fama é inmerecida xa que foron moitas as contribucións que fixo no campo das matemáticas.
  • Utiliza por primeira vez a palabra Mathema (“o que se aprende”), polo que se pode considerar creador da palabra Matemáticas.
  • Ademais de ser o pai das Matemáticas, é o primeiro matemático feminista : na Orde dos Pitagóricos os homes e mulleres tiñan os mesmos dereitos, algo insólito na historia da humanidade ata épocas moi recentes.
  • Polas súas viaxes por Exipto e Babilonia impregnouse de coñecementos matemáticos, astronómicos e relixiosos, polo que a Orde dos Pitagóricos tiña un marcado carácter místico e relixioso. Na súa doutrina as matemáticas fúndense coa relixión e a filosofía.