 Era unha sociedade secreta, relixiosa, filosófica e matemática na que o rigor e ascetismo eran as súas principais normas de conducta.
Tiñan unha visión do universo como un cosmos, en contraposición ó caos, é decir, como un todo ordenado e organidado de acordo a unhas leis asequibles á razón humna e nas que a harmonía dos números sempre estaba presente: “todo é número”.
Chegou a ter máis de 600 membros.
Compartíano todo, tanto os bens materiais como os coñecementos.
Os homes e mulleres membros da orde gozaban de plena igualdade.
Dividíanse en dúas clases:
Acusmáticos (novicios ou oidores), que participaban dos coñecementos e crenzas, pero descoñecían as razóns profundas. Non tiñan dereito a falar durante as disertacións.
Matemáticos, que tiñan acceso ós mais altos coñecementos.
O segredo cara o exterior era norma sagrada. A divulgación de coñecementos a “quen non era digno de participar de tales coñecementos” significaba a expulsión da comunidade e incluso a algún puido custarlle a vida. Debido a isto descoñécense moitos dos seus descubrimentos, que se lles atribúen por escritos posteriores.
Hipaso, matemático da orde, foi expulsado por divulgar o “secreto da esfera dos doce pentágonos” (construcción do dodecaedro regular) e a “natureza do conmensurable e inconmensurable” ( existencia de números irracionais ).
O símbolo polo que se identificaban como membros da Orde era o pentagrama (estrela de cinco puntas ou pentágono estrelado ), en torno ó cal solían poñer a palabra ugieia (saúde).
|