
MATEMÁTICAS
Primeiro trimestre
A enquisa sobre medidas tradicionais galegas e a súa equivalencia no sistema decimal, foi levada a cabo nos cursos de 1º de ESO e 1º de Bacharelato. Os resultados da enquisa foron volcados e analizados pola alumna Silvia Otero Prado. Os arquivos que conteñen esta información pódense consultar nos arquivos de Word e Excel que figuran a continuación.
Enquisa,
sobre as unidades tradicionais, entregada os alumnos de 1º de ESO e 1º de
Bacharelato unmed.doc
Resultados
da enquisa. Traballo realizado por Silvia Otero Prado (1º Bach-A) analise.xls
Comentario realizado, pola mesma alumna, sobre os resultados obtidos na enquisa sobre medidas tradicionais:
Dentro das unidades de superficie, as máis
utilizas son: a cunca (de 52,4 m2) e o ferrado (de 629 m2),
aínda que tamén se nomean outras como a hectárea, a área e a fanega, pero
estas son menos utilizas na zona na que vivimos.
No que a volume de líquidos se
refire, a mayoría dos alumnos din que, nesta zona, a arroba(14.5 l) e o
cuartillo(0.5l) son as medidas máis utilizadas, sen embargo citan outras que
tamén se utilizan pero en máis contadas ocasións, é o caso de: o azumbre, o
cuarterón e a pipa.
Nas unidades de peso utilizadas
na recollida de uva, parece non estar de todo claro a medida utilizada, xa que só
se nomea a arroba e a súa equivalencia oscila entre os 14 e os 16 Kg., sen
poder obter unha equivalencia exacta. Algunhas das enquisas nomeaban tamén a
libra e a onza, pero en ninguna delas nos sinalaban a súa equivalencia.
Para rematar cabe decir que todas as equivalencias postas nas enquisas
foron comparadas con datos que ofrece o ministerio de agricultura e o colexio
oficial de enxeñeiros técnicos agrícolas e péritos agrícolas da Coruña,
obtendo uns datos, nas nosas enquisas, prácticamente iguais ós ofrecidos polos
anteriormente citados.
Os resultados da enquisa poderán ser usados cos alumnos de 1º de ESO-A no tema de unidades de medida:
|
Un cuartillo (0.5 L) |
Traballando con diferentes medidas para líquidos |
Medindo un recinto dunha conca de tamaño no patio do Instituto |
|
O recinto xa feito |
|
Segundo trimestre
Os seguintes traballos foron realizados por alumnos de 1º de bacharelato. Os traballos, consistentes na xeración de gráficos estatísticos sobre a producción do viño de denominación de orixe Rias Baixas, xeráronse co programa Excel e deron como resultado os seguintes arquivos.
Traballo de Aida Martínez Alfonsín
(1º Bach - C) : trabaida.xls
Traballo de
Estefanía Arosa Penín (1º Bach-A): trabaro.xls
Traballo de
Lorena Sineiro García (1º Bach-C): trablor.xls
Traballo de
Miguel Sineiro Galiñanes (1º Bach-C): trabsi.xls
As gráficas
confeccionadas polos alumnos de bacharelato foron usadas posteriormente, nos
temas relacionados coa Estatística, cos alumnos de 1º ESO-A
As seguintes
fotografias de barricas e recipientes para o viño foron tomadas por: Iria
Limeres Trigo (1º Bach-A), Lorena Sineiro García (1º Bach-C) e Aida Matínez
Alfonsín (1º Bach-C).
As dimensións foron introducidas, polas mesmas alumnas, por ordenador e mediante un programa de retoque
fotográfico.
As fotografías poderán ser usadas cos alumnos de 1º de ESO ó tratalo tema de volumes.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Terceiro trimestre
De seguido figura o traballo realizado por Eugenia Castro Barros e Estefanía Arosa Penín sobre Kepler e o seu libro sobre as barricas de viño "Nova stereometria doliorum vinariorum" (Nova xeometría sólida das barricas de viño) keplerbar.doc
Proxecto financiado polo programa Sócrates da UE