Curso 2006-2007



 

OS MOVEMENTOS DO SOL

 

A Terra posúe dous movementos fundamentais:

  • Rotación

A Terra xira sobre sí mesma. O xiro faise en torno a un eixo de rotación que coincide coa liña que une o Norte e o Sur xeográfico. O sentido de xiro é no sentido contrario as agullas do reloxo. Pódese supor que durante un día só é importante o movemento de rotación e, como consecuencia dese movemento e do ángulo de inclinación do eixo de rotación respecto da dirección dos raios solares, danos a impresión que o Sol sae aproximadamente polo Este e se pon polo Oeste. Ademais, a traxectoria do Sol forma unha curva de xeito que a súa maior altura acádase o medodía solar. Dese xeito, as sombras dun gnomón varían de posición e lonxitude ó longo dun día. Pódese consultar a sección de datos para consultar gráficos sobre a altura do Sol e azimuts nun día.

  • Traslación

Ademais de xirar sobre sí mesma, a Terra móvese arredor do Sol ó longo dun ano. A súa traxectoria é unha elipse onde un dos focos é o Sol. O plano onde atópase a elipse e o eixo de rotación forman un ángulo . Se considerásemos que é o Sol o que se move, a súa traxectoria ó longo dun ano é unha curva chamada eclíptica. Como consecuencia da inclinación da traxectoría da Terra arredor do Sol respecto do eixo de rotación e da diferente distancia Terra-Sol ó longo do ano, o ángulo de elevación do Sol durante o ano e o punto de saída e posta do Sol varía nun ano. (consultar datos). As diferentes posicións da Terra na súa traxectoria arredor do Sol da lugar os solsticios e equinoccios e as diferentes estacións.

Fonte da imaxe: NASA

Podes ver unha animación destes movementos aqui.

J.B.Búa