IES Río Cabe

 

Que é o Consello Escolar?

O Consello Escolar é o máximo órgano de toma de decisións nun centro educativo.

Nel están representados todos os sectores que forman parte do centro:

  • Profesores e profesoras.
  • Alumnos e alumnas.
  • Pais e nais do alumnado.
  • Persoal non docente.
  • Representanate do Concello de Monforte.

As principais funcións do Consello Escolar son as seguintes:

  • Establece-las directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do instituto, aprobalo, avalialo e, se é o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o Claustro de profesores tén atribuídas en relación coa planificación e organización docente.
  • Decidir sobre a admisión de alumnado con suxeción ó establecido na lexislación vixente.
  • Aprobar e modifica-lo regulamento de réxime nterior do intituto.
  • Resolve-los conflictos e impoñe-las correcións con finalidade pedagóxica que correspondan a aquelas conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia no centro, de acordo coas normas que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Aproba-lo proxecto de orzamento do instituto e a execución do mesmo.
  • Aprobar e avalia-la programación xeral anual do intituto, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que lle competen ó Claustro.