|
PREMIO LITERARIO
ARCEBISPO JUAN DE SAN CLEMENTE
14 edicións entregadas
O Premio de narrativa "Arcebispo Juan de San Clemente" proponse converter a alumnos de Bacharelato en protagonistas á hora de outorgar un Premio Literario xa que o Xurado deste Premio está formado por alumnos de Bacharelato do Instituto “Rosalía de Castro” de Santiago e de catro Institutos máis de Galicia, elexidos ó chou. Esto é o novidoso do Premio, pois, normalmente, os xoves son os grandes esquecidos dos Xurados Literarios e eles poden ter uns gustos e unhas opinións moi diferenciadas que non debemos ignorar. Preténdese, tamén, nunha época de excesivo predominio do audiovisual, colaborar a fomenta-la lectura entre os alumnos, o que é un dos problemas máis importantes con que nos encontramos cada día na nosa función de ensinantes.
No día da entrega do Premio os alumnos son os auténticos protagonistas do acto e cada xurado de alumnos comparte mesa e mantel co escritor premiado no marco dunha gran festa.
O Premio, que ten tres modalidades, Novela Galega, Novela Castelá e Novela Estranxeira, está dotado con 9.000 euros e premia á mellor novela do ano en cada modalidade.
BUSCAR POR EDICIÓN |
BUSCAR POR AUTOR |