A primeira trasnada de Verne 
Aos 11 anos escapa da casa e enrólase en La Coralie, barco con destino ás Indias. Cólleo seu pai nas escaleiras do barco. Lévao á casa e el di: a partir de agora só viaxarei en soños. Esta aventura frustrada quedará gravada para sempre na alma do xove novelista como un símbolo da renuncia a vivir as suas fantasías.
Parece que o castigo foi exemplar, sen excluír azoutes e humillacións, pero, sen dúbida, o máis doloroso foi a definitiva brecha, o distanciamento co pai.