Os personaxes
Entre mitos e lendas
Verne e a ciencia
Curiosidades
Verne e Nós

" Todos nós somos, dalgún xeito, os fillos de Jules Verne." RAY BRADBURY

1828
Nantes Nantes
1905

Verne nace en Nantes, preto do mar, como unha premonición. Fillo de pais ríxidos e escrupulosos, a estricta educación recibida no fogar e a estreitísima relación que mantivo co seu irmán serían as primeiras experiencias que marcarían profundamente a súa traxectoria persoal.


Foi unha vida longa e fecunda marcada por graves problemas de saúde- padecía unha grave diabete e parálise facial- e por conflitos familiares: un matrimonio infeliz, un fillo polo que non soubo ou non puido sentir afecto, un sobriño demente que, lle disparou nunha perna provocándolle unha coxeira irremediable. Pero tamén foi unha vida chea de experiencias, viaxes, intenso estudo e sobre todo dunha creatividade e imaxinación inmensas
.

Pronto se rebela contra o desexo do pai que pretendía que seguindo a tradición familiar exercera a profesión de avogado e comeza a escribir con escaso éxito ata que o editor Herzel recibe o manuscrito dunha curiosa novela titulada "Cinco semanas en globo". O éxito foi inmediato e o favor do público xa non o abandonaría.

Poderíamos resumir a biografía de Verne como unha sucesión de acontecementos cos que pouco a pouco constrúe a máscara que lle axudará a aparentar ser un perfecto burgués conservador e sedentario. Baixo ela, sen embargo, escóndese un home enigmático e profundamente atormentado.

A súa propia neta conta na súa biografía " ...fora da casa simula xovialidade, na casa tórnase mudo, pechado no seu angosto segredo. Unha xorda traxedia, da que coidadosamente fixo desaparecer os signos externos, desenvólvese no seu interior ."

Verne tivo responsabilidades públicas, foi un home que triunfou persoal, social e politicamente, pero no medio desta aparencia feliz, vive unha soidade íntima onde só os camiños da imaxinación lle proporcionan portas para fuxir da mediocridade.

A súa personalidade, a súa obra son complexas e inesgotables e van moito máis alá da simplista visión dun mero novelista para xoves. Deste xeito, a súa literatura é como un gran criptograma que esconde íntimas frustracións e unha personalidade hermética que se proxecta nas súas novelas.


Extracto de Jules Verne o el sueño de la aventura. Manuel Otero Toral

" ...77 anos para esa viaxe que se chama vida. 25.000 páxinas, 6.000 gravados, 67 novelas, 23 libros de relatos, obras teatrais e algunhas poesías. 1.000 personaxes e 100 países descritos nos seus libros: unha compañía esgotadora..."

Olivier&Patrick Poivre Darvor . O mundo de Jules Verne