![]() |
![]() |
VI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL O IES Sánchez Cantón celebrou o centenario de Jules Verne cun traballo colectivo do alumnado de 1º ESO coordinado desde varios departamentos didácticos. O traballo consistiu nunha recompilación e posterior clasificación de datos relativos a diferentes facetas da vida e contexto do escritor así como pequenos traballos de tradución de fragmentos de novelas, elaboración de resumos e investigación de enlaces en Internet. Os materiais resultantes empregáronse na elaboración desta sección adicada el. Os datos foron convenientemente formateados para elaborar paneis cos que se formaron DEZ GRANDES CUBOS DE 60 CM DE LADO que, xunto a múltiples debuxos do alumnado, conforman o traballo que o centro presentou ao VI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, organizado polo Concello de Pontevedra, onde acadou o 1º Premio. Podedes ver a planificación do traballo e algúnhas fotos nestas ligazóns. |
O centenario da morte de Verne vén tendo gran relevancia en Francia, o seu país natal. Non deixes de visitalas |