A VISIÓN DAS MULLERES NOS DEBUXOS ANIMADOS
|
A MULLER |
A MULLER NOS DEBUXOS |
INTRODUCIÓN |
Cales son os valores e contravalores de algunhas series de debuxos animados con grande éxito de audiencia? Escollemos dúas das máis vistas polo alumnado do IES Sánchez Cantón: Os Simpson e Shin Chan. Que sociedade representan?.
Igualmente, aínda que con algo máis de benevolencia, móstranse unhas desafortunadas figuras maternas, todas elas amas de casa, como Marge Simpson: bondadosa, compracente, inxenua e incondicional do seu marido, apoio para os seus fillos e eixo desa rara familia de Springfield. Misae é ridiculizada decote polo seu fillo Shin Chan e o seu marido apoia as ferintes críticas relativas aos seus atributos femininos. É esta serie de Shin Chan a máis reaccionaria, nela observamos como as mulleres son indiscutibelmente inferiores aos homes, aproveitadas e irresponsábeis; a que non busca casar ben para pasar unha vida regalada é porque xa está casada e tenta sacar diñeiro das contas comúns para pagarse os seus caprichos. Outra vez son as mulleres as que padecen as diferentes agresións dos homes.
Mais o discurso acedo, superrealista, dos Simpson serve de crítica dos contravalores da sociedade norteamericana actual.
Coméntase que cando a TVG pensou retirar a serie xaponesa foron moitas as protestas dos propios traballadores que facían chegar o interese dos seus fillos por Shin Chan. Hoxe por unha banda lóitase contra a violencia de xénero, física e psicolóxica, e establécense castigos cada vez máis fortes para os que rompen as normas. E por outra banda, preséntanse multitude de situacións degradantes para a muller nestes debuxos animados, todo de xeito cómico, en clave de burla. O problema é que estas cousas pasan a formar parte do inconsciente dos máis novos, da súa forma de ser e logo á hora detratar ás súas compañeiras venas como persoas de segunda clase, que poden utilizar como lles peta e poden facelas branco de toda clase de bromas sexistas. E o máis grave é que se moitos as poñen de exemplo como series progresistas, desenfadadas e politicamente incorrectas. Mesmo en Shin Chan o uso do humor no que se recrea todo o relativo ás funcións corporais pode levar a condutas exhibicionistas dos nenos. Seica, segundo denuncias depsicólogos escolares, algúns pequenos tiveron que ser convencidos de que non era nada axeitado no colexio imitar as frases e accións de Shin Chan ensinando partes do seu corpo, e mesmo nenas da súa idade se sentían intimidadas polas supostas grazas dos imitadores de Shin Chan.
Antes os contos e agora os debuxos animados constitúen unha nova forma de aprendizaxe social na que os pequenos poden aprender normas, conceptos e actitudes a través dos seus personaxes favoritos. Así poden axudarlles a formarse en valores como a amizade, a paz, o compañeirismo, a solidariedade.. pois viven como real aquilo que ven. Por iso non sería máis interesante que as series televisivas en horario de máxima audiencia infantil propugnen valores democráticos: o diálogo para resolver os conflitos, o respecto ás persoas, o saber comportarse... Nada máis lonxe da realidade destas series. Porque non outras series que recreen asuntos máis optimistas, que pasen por alto as debilidades e carencias do ser humano, e non estean sempre a burlarse dos demais. Igual con guións máis intelixentes e orixinais que se afasten da mediocridade e dos sempiternos argumentos simplistas e xa gastados, o resultado podería ser máis aceptable para todos sen renunciar á diversión e lecer que os debuxos deben procurar. (Ideas baseadas en Mª. Ester del Moral Pérez, Comunicación y Pedagogía, 197, 2004: http://www.pangea.org/dona/cultura.shtml?x=583) |