ESTAMOS NÓS INVADIDOS POR ESTES DEBUXOS?

Hai quen afirma que:

Shin Chan é un "personaxe infantil de cinco anos, cabezón, baixiño, irreverente, procaz, machista, obsesionado polo sexo e capaz de deixar mal aos maiores e a calquera que se lle poña por diante con tal de saír coa súa"

Galicia Hoxe, 3-03-2004

CUALIFICAN A SHIN CHAN DE MACHISTA E INSULTANTE.

O Seminario Galego de Educación para a Paz criticou con intensidade a serie de debuxos animados xaponesa Shin Chan, que emite a TVG, por considerar que se trata dunha auténtica escola de contravalores, na que "os protagonistas fan apoloxía permanente e sistemática do sexismo, do machismo, da intolerancia, do insulto, da discrimianación".

Tales recriminacións aparecen nun artigo asinado polo presidente do seminario, Manuel Dios, e incluído na unidade didáctica Sobre a violencia nos medios de comunicación: unha educación necesaria.

A unidade foi editada por esta enditade pacifista e, mediante un acordo coa Consellería de Educación, distribúese entre os centros de Primaria e Secundaria públicos de toda Galicia.

No artigo, Shin Chan, contravalores a diario, recollido por Europa Press, Manuel Dios sostén que estes debuxos animados representan precisamente algúns prexuízos que desde o Seminario para a Paz se pretenden "combater, pacífica e democraticamente".

O presidente da organización citada subliña que o protagonista da serie "é un neno caprichoso, insoportable, maleducado, que confunde necesidades con caprichos, que utiliza as rabias e a chantaxe para alcanzar os seus obxectivos".

Ademais, este neno móvese "nun modelo familiar lamentable, cun pai bébedo, libidinoso, machista, discriminatorio, e cunha nai de rol tradicional, ama de casa, presentada como irresponsable, abandonada, que mesmo abusa e maltrata o neno física e psicoloxicamente"

Tamén se refire Manuel Dios a outros personaxes, como as profesoras do protagonista, que aparecen como "aproveitadas e irresponsables, e aplauden o exhibicionismo e rin as grazas do neno" cando este mostra ledamente os seus xenitais.

Advirte o autor do artigo que el coñeceu "a numerosos pais que están indignados con esta serie"

Así, Manuel Dios pídelle á dirección da TVG "a retirada da citada serie ou o seu traslado a un horario non infantil, porque o traballo de asociacións de pais, profesionais e educadores non pode ser destruído"

Mais a mesma Xunta de Galicia utiliza a imaxe de Shin Chan para a súa campaña Entre nós en Galego do ano 2005

Seica un 85% dos rapaces e rapazas o ven en Galicia e que é o programa con máis audiencia da TVG, ao igual ca en Cataluña, Valencia, País Vasco...

Será certo que está recomendado por UNICEF para defender os dereitos da infancia?

????????????????????????????

 

Se queres saber o que opinan alumnos e alumnas de 1º ESO da serie, ENTRA

 

En 1º ESO A analizaron estes debuxos e a visión que dan da muller:

 

 

Que opinas ti? Envíanos as túas suxestións.

 

-------------------------------------------------------------------------------------------

Pasarmos aos Simpson