5 O GALROCK
5.5 Los Suaves
Los Suaves
É un dos principais conxuntos do rock galego. No ano 1981 un grupo de amigos de Ourense deciden montar un conxunto de rock, que axiña se converterán en acompañantes de Los Ramones.
As súas cancións tratan de temas cotiáns e os seus gustos musicais son variados e van desde o rock ao blues e á música clásica. Entre os seus cantantes preferidos, podemos citar a Los Ramones, Thin Lizzy, Jimi Hendrix, Pearl Jam, Rosendo, etc.
Los Suaves decidiron adoptar como mascota a un gato, porque este é un animal agresivo, independente, nocturno e sobre todo suave, no taco e no carácter. De aí ven a orixe do nome do grupo.
Ao longo destes anos, Los Suaves viviron numerosas anécdotas nas súas actuacións en público, das que imos salientar un par delas:
- Nos concertos que deron na sala Zeleste, de Barcelona e no Coliseum, da Coruña, superaron as marcas de asistencia de Paul McCartney e de Elton John, respectivamente.
- Nos seus inicios, nun pub de Ourense, as copas caían das mesas debido á intensidade e ao volumen das súas actuacións.
- Entre os seus seguidores, hai un que ten un coche bautizado como “Suave móvil”, que leva esta inscrición “vete suave”.
Na actualidade, Los Suaves, é un dos mellores grupos de rock de España, con moitos seguidores incondicionais.