5 O GALROCK
5.1 O bravú
Este termo xurdiu nunha reunión de grupos de rock galegos que tivo lugar en Chantada (Lugo), no ano 1984. O vocábulo <<bravú>> foi acuñado polos grupos asistentes (Diplomáticos de Monte Alto, Bochechiñas de Vigo, Skornabois de Lourenzá, Rastreros de Chantada, Papaqueixos da Coruña…) e con el quérese aglutinar a todos os grupos que proveñan dos distintos lugares de Galicia.
O elemento esencial deste movemento é, segundo as palabras de Xurxo Souto, o choque bestial ou o encontro brutal entre a vida tradicional tranquila e apacible das pequenas localidades galegas e a loucura do mundo urbano actual.
Los Túzaros , grupo santiagués, causou unha forte impresión nunha actuación durante unha festa en Muradelle.
O grupo Ke Lanse, de Camariñas, débenlle o seu nome a un dito que pronunciaban as vellas do lugar, cando ocorrÃa unha desgracia e alguén perdÃa a vida no mar <<Que lance, che>>.