Táboa de contidos
Imprimir libro completoImprimir este capítulo Seguinte

Tras a desintegración do Imperio Carolingio Europa, a principios do século X, estaba nun estado de caos absoluto. Ao esborralle da forza militar e política de Europa Occidental, correspóndelle un declive no poder e prestixio do papado. O futuro parecería moi negro, sen embargo o proceso de rexeneración estaría en marcha antes de que o século tocase o seu fin. Este viño por tres factores:
- O restablecemento do título imperial na persoa de Otón o Grande (962).
- A reforma de Cluny (mosteiro benedictino que rexerou os idales da vida eclesiástica).
- A organización económica, política e militar coñecida como feudalismo.

As fontes escritas non son suficientemente fiables, dado o peso da tradición oral, o analfabetismo da época, os prexuízos dos clérigos a anotar o que non era latino e o escaso desenvolvemento da notación.

As primeiras aparicións foron:

As cancións en latín.
Considérase o poeta medieval máis antigo a Venantius Fortunatus (VI), que consolidou temas que van reaparecer na lírica posterior: virtudes de reis e raíñas, matrimonios, celebracións, planctus (queixumes), morte de personaxes famosos…
- Cancións de Cambridge.
- Carmina Burana (xogo, bebida, mulleres, amor, sátira, parodia…Inclúe tamén cancións en alemán).

Cancións en lingua vernácula.
- Cantares de xesta (poemas épicos, século X, acompañamento de arpa ou viéle. Unha delas é a Chanson de Roland, composta tras unha batalla en Roncesvalles no 778, onde Roland caeu morto loitando contra os musulmás. Eran estróficos. A cada estrofa chamábase laisse e cada unha ocupábase dunha idea ou episodio).
- Lais (pezas líricas longas, con estrofas e versos desiguais. Considéranse de orixe celta, introducidas enFrancia no XII).

Seguinte