2 A MÚSICA INSTRUMENTAL
Neste momento, debido ao abaratamento da música impresa, expándese o estudo da música e aparecen un gran número de escolas e conservatorios.
O afeccionado demanda para a súa casa música fácil de tocar e o piano será o instrumento doméstico por excelencia, así como o protagonista dos concertos de salón.
Houbo predilección polas pequenas formas pianísticas libres, xeralmente dun só movemento, con nomes variados como nocturno, rapsocia, balada, fantasía, etc. Nace tamén a música para a diversión, baílelos, valses, mazurcas, sobresaíndo como compositores a familia Strauss.
Case todos os músicos escriben para este instrumento, pero sobresaen: Schubert, Schumann, Mendelssohn, Chopin, Liszt.
Nas obras orquestrais de grandes dimensións seguíronse utilizando formas como o concerto para solista, pero os compositores se liberaron da forma.
No que se refire á sinfonía, partiuse de Beethoven como punto de referencia e tomáronse dous camiños:
- Unha liña conservadora que se moveu dentro das estruturas formais e a orquestación do clasicismo, aínda que procurando maior liberdade na forma. De Schubert conservamos 8 sinfonías nas que se percibe a influencia de Beethoven; ningunha foi interpretada durante a súa vida. Shumann escribiu 4 sinfonías na sque intentou unificar a forma a través da utilización dun tema con variacións, que vai aparecendo en todos os movementos. Tamén salientaron Mendelssohn, Brahms e Bruckner.
- Unha liña progresista, innovadora, que se liberou da forma para procurar a inspiración e da que nace a música programática, que baséase na idea romántica de todas as artes. Os compositores sentíronse influenciados pola literatura e polas ideas extramusicales e relacionouse a música cun guión literario, pictórico ou descritivo. Esta música tense que explicar ao público a través dun programa aínda que moitas destas obras poden ter independencia musical propia. O coñecemento do programa resulta útil e a veces fundamental para comprendelas.
A sinfonía programática abriu o camiño a outras formas como a obertura de concerto ou o poema sinfónico que é unha obra orquestal nun só movemento e de forma libre na que se desenvolve unha idea partindo dun elemento literario. O seu creador foi Liszt, influenciado pola obra de Berlioz. Esta liña séguena Saint-Saëns e Richard Strauss.