3 A MÚSICA VOGAL
3.1 O lied
LIED é unha palabra alemá que podemos traducir como canción, aínda que é algo máis, é unha composición de carácter íntimo para unha voz solista e instrumento acompañante, xeralmente piano, que pretende expresar musicalmente o significado dun poema, mediante a unión de música e texto. Hai tres protagonistas: o texto do poema, a voz e o piano. A historia do lied confúndese coa historia alemá, sendo o lied romántico unha arte tipicamente alemán pensado para o salón máis que para o salón de concertos.
Os seus principais cultivadores foron Schubert, Schumann, Brahms, Wagner, Liszt e Wolf.