Táboa de contidos
Imprimir libro completoImprimir este capítulo AnteriorSeguinte

3 A MÚSICA VOGAL
3.4 A ópera en Francia

No século XIX, Paris era a capital da música romántica, cidade á que moitos compositores alemáns e italianos diríxense para representar as súas obras.

En Francia, na primeira metade do século triunfa a chamada Grand opera, que abandona os temas mitolóxicos a favor dos históricos. Son óperas con moitas intrigas, duelos e incidentes dramáticos, onde mestúranse ballets, grandes coros, arias para virtuosos e efectos especiais de escenografía. O compositor que mellor representa este tipo de ópera é Meyerbeer.

Na segunda metade do século, a ópera seria e a cómica chegan a confundirse, e realmente só se diferencian en que a ópera cómica ten partes faladas, aínda que os argumentos son similares.

Bizet é un dos representantes deste tipo de ópera. A súa ópera Carmen foi o primeiro exemplo de obra realista, xa que interveñen personaxes da baixa sociedade española.

Da ópera cómica tradicional vai nacer outro xénero, a opereta, unha obra escénica nun acto, chea de enxeño e de críticas á sociedade, con poucos personaxes, cancións pegadizas e partes faladas e cantadas.
Offenbach chegou a escribir 100 operetas, entre as que salientan Os contos de Hoffmann.

AnteriorSeguinte