Táboa de contidos
Imprimir libro completoImprimir este capítulo AnteriorSaír do libro

4 A ZARZUELA NO SÉCULO XIX

O panorama da música escénica española durante o século XVII estivo totalmente dominado pola ópera italiana. en 1850 inaugurouse o Teatro Real de Madrid, onde os autores máis programados foron Rossini, Bellini e Verdi. anos antes algúns músicos fundaran a Sociedade Española Musical co propósito de crear unha ópera nacional. pero os logros non pasaron de intentos e o fracaso tivo como consecuencia indirecta o renacer dun xénero típicamente español, a zarzuela.

En 1849 estrésae unha obra en dous actos, Colegialas y soldados de Rafael Hernando, inspirada na opereta francesa, e que obtivo moitísimo éxito; este feito animou a outros compositores a escribir zarzuelas. no ano 1856 fúndase o Teatro da Zarzuela en Madrid, destinado á representación de obras deste xénero.

 Con F.A. Barbieri (1823-1894) aparece unhan nova zarzuela que se denominou xénero grande ou zarzuela grande. Representa a máis xenuína tradición española con obras como El barberillo de Lavapiés, zarzuela de catro actos con uso de coros, temas españois e cancións e danzas típicas do momento. 

O chamado xénero chico xurdiou da iniciativa dos teatros ó organizar as representacións por horas, co cal, as obras de xénero chico, estiveron condicionadas pola súa duración, a ser zarzuelas escritas nun só acto. A finais de século este xénero estaba tan unido á vida musical española que, en Madrid, once teatros se dedicaban exclusivamente a el.

Algúns dos seus compositores máis importantes foron: M. Fernández Caballero con Gigantes y Cabezudos, T. Bretón con la Verbena de la Paloma, R. Chapí con La Revoltosa, F. Chueca con la Gran Vía, y G. Giménez con las Bodas de Luis Alonso.

AnteriorSaír do libro