2 A MÚSICA INSTRUMENTAL
2.1 A orquestra no romanticismo
No romanticismo, os músicos seguen mantendo como base de orquestra, os instrumentos de corda, aínda que lles concedan un papel secundario e fan que sexan os de vento os que acheguen outras sonoridades.
Berlioz propón ensanchar os medios expresivos e pictóricos da orquestra, facendo que interveñan novos instrumentos. Así, na Sinfonía fantástica, auméntalle dous fagotes e dous cornos, e como elementos novos dúas arpas, tubas, mandolinas, tambores, pratos e campás. Na obra O xuízo final case que chega a 300 instrumentos.
Wagner na súa tetraloxía, amplía a 8 o número de trompas, a 5 o de tubas; inclúe 6 arpas, modifica a afinación de diversos instrumentos de vento ata lograr que a orquestra quede convertida nun potente coro de metal, madeira e percusión, e a maiores, introudce un conxunto de corda moderado que o fará actuar en grupos.
Moitos compositores como Frank, Debussy, Saint-Saëns e outros manteñen firme a idea de orquestra de Wagner.
Os directores dirixen xa coa batuta e desde o mesmo sitio que o fan na actualidade. O primeiro en utilizala foi Weber.