5 ALGÚNS COMPOSITORES DESTACADOS
5.2 Giovanni Pier Luigi da Palestrina (1526-1594)
Naceu en Palestrina e morreu en Roma. Formouse como neno cantor e organista, sendo posteriormente cantor na Capela Sixtina e mestre de capela en San Xoán de Letrán (1555), en Santa María Maggiore (1561), e 2º mestre en San Pedro (1571), entre outros cargos. Foi en vida un compositor demandado para algúns postos moi relevantes, aínda que nunca abandonaría Roma. O seu catálogo comprende máis de 100 misas, moitas de parodia, que son o máis valorado da súa producción, máis de 500 motetes de tipos variables, lamentacións, himnos, magnificats e un número importante de madrigais sacros (56) e profanos (83).
O seu estilo caracterízase por:
- Obras a capella, a 4 ou 6 voces, ou a dous coros.
- Armonía triádica, diatónica, con disonancias preparadas e resoltas. Baixo harmónico.
- Melodía amplia e de arco suave, preferentemente por grados conxuntos, a miúdo con motivos melódicos recurrentes.
- Textura contrapuntística pero clara, con frecuentes pasaxes en homofonía.
- Texto claro e vinculado á expresión musical.
- Predominan os tenores gregorianos como cantus firmus.
A súa figura exerceu un decisivo influxo nos séculos seguintes, sendo o modelo máis acabado de composición grave e relixiosa.
Xunto con Tomás Luis de Victoria, foi o que mellor reproduciu en música o ideal tridentino*, dentro do que se chamou a Escola Romana: melodía sencilla, cantabile, ritmo fluido e tranquilo, texturas imitativas pero non densas, con textos comprensibles, e tenores gregorianos.
* As sesións do Concilio de Trento, puxeron de manifesto a nuecesidad de proceder a unha reforma en profundidade da práctica musical no seno da liturxia. Os procedementos da misa parodia, os excesos de instrumentos, a complicación do contrapunto e o artificio nas voces, chegaron a facer incomprensible o texto sagrado, polo que os padres conciliares viron un peligroso afastamento do dogma.