Táboa de contidos
Imprimir libro completoImprimir este capítulo AnteriorSaír do libro

5 ALGÚNS COMPOSITORES DESTACADOS
5.4 Tomás Luis de Victoria (1548-1611)

Nado en Ávila, formouse como neno do coro da súa cidade e probablemente estudiara con Escobedo en Segovia. En 1563 estivo becado no Colexio Xermánico de Roma, onde tal vez estudiara con Palestrina. En 1564 exerceu diversos oficios musicais na iglesia de Roma, e en 1571 sucedeu a Palestrina no Colexio Romano. Ordenado sacerdote no 1575, renunciou aos seus cargos o ano seguinte para pasar ao Oratorio de San Felipe Neri, onde compuxo o mellor da súa producción. No 1585 regresa a España como capelán das Descalzas Reais, cargo que ocuparía ata a súa morte e onde compuxo a súa Misa de requiem (1605).

A súa obra foi ampliamente editada na vida do compositor. Prácticamente toda a súa obra é relixiosa e sobre temas relixiosos: 65 motetes a 4-8 voces; Officium Hebdomadae Sanctae (1585), Officium Defunctorum (1605) a 6 voces, 20 misas, máis da metade parodias de motetes propios, 34 himnos, 18 Magnificat, 14 salmos. Os seus motetes mostran recursos expresivos típicos da linguaxe madrigalística.

A evolución do seu estilo mostra unha fonda influencia do estilo palestriniano e a progresiva personalización do autor hacia un estilo máis hispánico, máis austero e misticista. O coidado dos textos é o resultado das disposicións Conciliares, pero o uso de disonancias e silencios expresivos individualiza a obra de Victoria, ao igual que o recurso frecuente da homofonía, que alterna suavemente coas pasaxes polifónicas. Por outra banda, o uso a miúdo atrevido de cromatismos que indica cuidadosamente, e os cambios rítmicos, afastan a Victoria do estilo palestriniano e o sitúan xa próximo a sensibilidade expresiva do barroco, como tamén o evidencia o recurso do policoralismo en pezas como o motete Ave María, a 8 voces en dous coros (1572).

AnteriorSaír do libro