Táboa de contidos
Imprimir libro completoImprimir este capítulo AnteriorSeguinte

4 MÚSICA PROFANA

Chanson, frottola e panxoliña: 3 ou 4 voces, das que 1 ou 2 podían ser instrumentais e preferentemente homofónicas.


Frottola: forma arquetípica é AbbaA (= virelai). Xénero propio entre finais do XV e primeiro tercio do XVI, en que é substituído pola madrigal como principal forma da música profana. Ten os seus precedentes máis inmediatos nos “Cantos Carnascialescos” da segunda metade do XV. As coleccións máis interesantes son as publicadas por Petrucci.


Chanson: non ten forma estándar, aínda que predomina a forma estrófica, con repeticións interiores do material musical (abaa, abcc, etc.). Na súa evolución pódense distinguir varios momentos: chanson en estilo motete a principios do XVI, chanson homofónica, expresiva e descritiva entre 1515 e 1547 (reinado de Francisco I), e chanson evolucionada por influencia da madrigal, máis contrapuntística e cromática, na segunda metade do XVI. Consérvanse máis de 2000 pezas deste tipo.

 
Madrigal: de estrutura similar ao motete pero máis moderno en aspectos harmónicos e rítmicos; escrito sobre linguas vulgares, cultivado por toda Europa, particularmente en Italia e, máis tardíamenete en Inglaterra. 4-6 voces, en estilo contrapuntístico-imitativo, aínda que ocasionalmente pode usarse homofonía.
Nin formal nin literariamente, o madrigal do XVI ten que ver co do XIV. Parte do modelo do motete: obra vogal profana, en estilo imitativo, organizada en seccións en función do texto, pero con gran importancia da expresión, o que non ocorre no relixioso. Foi neste aspecto unha das manifestacións máis acabadas do ideal de música reservata. Frecuentes cambios de ritmo, uso de cromatismo, 5 ou 6 voces.
- Madrigal primitivo (1530-1550): escritura a 4 voces, predominio de textura homofónica, frases marcadas por cadencias claras, harmonía sinxela. Adrian Willaert, Cipriano de Rore.
- Madrigal clásico (1550-1580): 5 ou 6 voces, efectos descritivos, onomatopeias, madrigalismos, escritura harmónica máis atrevida, ritmo máis irregular. O. Lasso, Andrea Gabrielli.
- Madrigal tardío ou manierista (1580-1620): máis madrigalismos, cromatismos e irregularidades rítmicas. Gesulado, Marenzio, Monteverdi (tránsito a barroco).
- Madrigal inglés: Morley, Dowland, Byrd.


Vilancico: fai referencia ás cancións de viláns, de estilo popular, metro literario e tipo melódico. 3 ou 4 voces, harmonía sinxela, melodía en voz superior, silábica, por graos conxuntos, cantable, ritmo flexible, textura homofónica predominantemente. O texto se adapta a melodía de xeito silábico. Os temas son amatorios ou galantes, perotamén políticos, sentenciosos ou relixiosos. A súa forma musical é: A B B A.

Romance: ao igual que o vilancico, este xénero musical deriva dun xénero literario precedente que podía ser cantado monódicamente. O romance polifónico desarrollouse con forza no século XV decaéndo no XVI. Ten estilo silábico, con melodías sinxelas claramente delimitadas por cadencias, de ritmo repousado, declamatorio e expresivo. Parte dunha cuareta octosilábica, con rima nos pares e libres os impares, adaptándose a música de xeito que a cada verso lle corresponda unha frase musical, repentíndose a música de xeito estrófico. Os temas son épicos, morais ou sentenciosos.

 


AnteriorSeguinte