3 Os anos 70
EEUU
· Renacimento do rock sureño (Allman Brothers Band)
· Rexeneración do country a traves de:
- Os “outlaws”
- O “country-rock”
- O “country-pop”
· Aparece o Soft-rock (The Carpenters). Utilizaban pequenas doses de folk e country.
· Auxe dos cantautores (Crosby, Still & Nash)
· Aparece o “rock degeneration”. Este será a antesá do punk-rock americano. (New York Dolls e Blue Oyster Cult).
· Surxe o punk-rock no seu inicio non radical nin violento. Tratabase dun retorno ás claves sonoras do rock. (Ramones, Dead Boys, The Clash, Sex Pistols). Sen embargo en San Francisco aparecen os Dead Kennedys (rama máis corrosiva considerada o precedente do hardcore ou trash norteamericano. Ten como marca o pelo moi curto e de diferentes cores.
· Aparece o rock latino, fusión de ritmos caribeños coa salsa, aportando percusión ó fondo do rock. (Carlos Santana)
· Aparece a música disco. Herdeira do soul, do son Filadelfia e do son Miami. A diferencia do soul a música disco é multiracial e actuou como medio de integración racial. A base son ritmos iguais e monótonos que cobran forza dando lugar ao disco sound ou son discoteca. (Donna Summer, The Bee Gees)
· Diversificación da música negra:
- Nace o “funk” , partindo do soul. (James Brown)
- Híbridos entre jazz e soul
- “Disco-soul” (Diana Ross, Stevie Wonder, Donna summer)
- “Funk and roll” (Tina Tunrner)
- ...
· Nace o Rock urbano (Bruce Springsteen, Bryan Adams,...)
EUROPA
· Surxe no Reino Unido o Heavy Metal (Lep Zeppelin, Deep Purple, Iron Maiden)
· Aparece o Glam-rock (David Bowie, Elton John, Rod Stewart, Queen, Alice Cooper.). Caracterízase polo uso de maquillaxes nos homes, vestuario estrambótico e rechamante e certa ambigüedade sexual.
· Consolidación do denominado “rock sinfónico” (Genesis, Yes). Dentro de este aparece o denominado Art-rock (Dire Straits, Mike Oldfield,...) Nace de incluir elementos do jazz ou da música clásica ao rock. Son obras de grandes dimensións. Aos típicos instrumentos do rock engádeselle unha orquestra clásica. (Pink Floyd)
· Irrupción a mediados da década da subcultura punk con antecedentes sonoros denominados “pub-rock americano” (Sex Pistols)
· Aparece en Alemania o Kratutrock cun desexo de enfrentarse ó monopolio angloamericano. (Can, Kraftwerk)
É ademáis a época de :
Abba co seus pop personal
Bob Marley e o reggae, influído pola filosofía rasta, con berce en Xamaica.
Led Zeppelin, Black Sabbath e Deep Purple, representantes do rock duro ou heavy metal, cunha voz moi aguda e guitarras que forman un universo sonoro.