4 Os anos 80
New Wave
Surxe en Reino a finais dos 70. Significou unha ansia de comunicación e de definición xuvenil, intentando recuperar a esencia do pop dos 60 por medio da sinxeleza e o aspecto sensible das súas melodías. (Elvis Costello, The Police-Sting, Blondie, Dire Straits).
Dentro deste sello hai unha gran cantidade de ofertas:
- Pop sintético (Pet Shop Boys)
- Techno Pop (The Human League)
- Cool wave (Ultravox)
- Reggae-rock (The Police)
- Soul Britania (Simply Red)
- Pop-rock (The Jam, Dire Straits)
- ...
Pop sintético
Gran brillantez sonora, celebración do comercial e gañas de diversión, gran poder da imaxe e fascinación pola cultura pop.
Techno pop ou electro-pop
Rechazo da historia lineal do rock baseada no son da guitarra, en favor de artefactos electrónicos. Algúns grupos empezan experimentando e rematan nos xéneros de baile (dance). Supón un gran control do productor e do DJ.
Reconstrución do rock: rock e pop modernista
Vólvese a valorar a actitude de resistencia, o idealismo, a través dunha proliferación de sellos independentes. O revival do roc (U2) ou o pop alternativo son fenómenos paralelos ó novo rock americano que surxe en oposición ó techno pop (Rem).
New Age
Etiqueta comercial que surxe a mediados dos 80, aportando alternativas musicais acústicas e instrumentais. Algúns xéneros derivados:
- Música cósmico-planeadora.
- Minimalismo-pop (Michael Nyman, Philip Glass, Win Mertens).
O Hip Hop: O rap
Nova cultura “racial”. Contén manifestacións diversas: graffiti, break-dance (baile creado por bailaríns negros dos anos 70), scratching, sampling, electrofunk e rap. Estas manifestacións nacen nos barrios negros de New York para logo convertirse en propostas universais.
Dance Music
Novas sonoridades derivadas do uso das innovacións electrónicas. É unha fusión do funk, do rock, da música disco e do techno. Divídese en subxéneros:
- acid house
- deep house
- techno house
- trance
- trip hop
- jungle
World Music
Categoría de marketing para aglutinar a calquer música de culturas non europeas, artistas que intentan sintetizar diferentes tipos de música, sobre todo étnicas. “Músicas do mundo” como etiqueta comercial sen referentes identitarios concretos.
Fusión
Os experimentos de fusión multiplícanse nos 80 pero tamén se utiliza esta etiqueta para referirse de forma concreta ó jazz eléctrico.
É ademáis a época de:
- U2 como selo independente.
- Michael Jackson, Madonna, Prince, Tina Turner e o crossover ou música de baile
- Judas Priet, AC-DC, Black Sabbathe, Iron Maiden, Scorpions, Van Halen, Aerosmith, Bon Jovi...e o heavy metal
- Metallica, Joe Satrinai, Guns N´Roses e o Trash metal (combinación de heavy e punk)