7 GRANDES INTÉRPRETES
7.12 Cristina Pato
Dende Ourense esta gaiteira imprime aires novos á música tradicional evitando caer no tópico ou convencional. As súas orixes sitúanse na Real Banda de Gaitas de Ourense e na banda Mutenrohi, con que realiza xiras por paÃses como Italia, SuÃza, Portugal, EEUU… Convértese na primeira gaiteira en gravar un disco en solitario. Cada canción interpretada por Crisitna Pato é unha sorpresa para o oÃnte, converténdose os seus concertos en auténticas festas folk-rock. Cristina Pat está triunfando tanto no panorama musical do paÃs, como internacionalmente, coas súas incesantes xiras.
Ten dous discos no mercado. Tolemia de 1999 e Xilento do 2001; na actualidade tamén compaxina a gaita co piano tras rematar os seus estudos superiores de piano coa máxima cualificación no conservatorio do Liceo de Barcelona.
En Xaneiro de 2007 a gaiteira ourensá edita o seu primeiro disco de música clásica, no que intervén como pianista, acompañada pola cantante Patrice Jegou, baixo o tÃtulo Desde Rusia hasta Brasil. Nel reúnense cancións populares.