1 XENERALIDADES
A MÚSICA TRADICIONAL
As tres formas de expresión do folclore galego son o canto, o baile e a instrumentación.
A música folclórica apréndese no núcleo familiar ou local e transmÃtese oralmente de pais a fillos narrando as historias que lles acontecen nese momento. Se se introducen novos ritmos importados de fóra falamos entón de música popular ou tradicional.
O CANTO
Existen cantos tÃpicamente galegos como os alalás ou as muiñeiras. Outros proceden do exterior, pero están totalmente asimilados como as xotas, valses ou pasodobres.
A INSTRUMENTACIÓN
A instrumentación é a maiorÃa das veces acompañante da voz e dos bailes ou funciona como solista. Os intrumentos máis utilizados son a gaita e a percusión como pandeiretas, tarrañolas, pandeiros, pitos…
O BAILE
Antigamente o baile era moi importante na vida galega, os veciños ou amigos reunÃanse e finalizaban bailando.
Os bailes son moitos e variados con acompañamento vocal ou instrumental. Existen, como no canto, bailes propios da rexión como a muiñeira ou importados como o valse.
Na actualidade moitos costumes acestrais perdéronse, por iso xorden asociacións culturais que loitan por recuperar e transmiti-lo legado da nosa cultura. A asociación O Fiadeiro de Vigo é unha agrupación que aposta por iso.