Táboa de contidos
Imprimir libro completoImprimir este capítulo Seguinte

1 CARACTERÍSTICAS XERAIS

No mundo artístico, a música considerábase a arte máis perfecta pola súa capacidade de transmitir e deixar captar a súa carga expresiva. Por iso a música deixa de ser un entretemento, e o artista convértese de artesán a xenio. Acaba sendo o ídolo dos salóns burgueses e dos concertos públicos. Prodúcese un troco social, xa que o músico, seguindo os pasos de Beethoven (ao que se considera o primeiro romántico), intenta gañar a vida como profesional libre e asume unha responsabilidade como creador diante da sociedade.

Renace así a figura do viaxeiro virtuoso nalgún instrumento, ao que o público lle esige cada vez máis rapidez e destreza; Paganini e Liszt convertéronse no prototipo de virtuosos do romanticismo.

Moitos temas como o amor e a lembranza da natureza atoparon a súa vía de expresión no intenso lirismo das pezas breves e cancións.

No que se refire á linguaxe musical empregáronse harmonías atrevidas, estrañas, para obter fermosos cores e sonoridades.
A melodía é máis expresiva e ten maior riqueza de matices dinámicos; as frases son menos cadradas e regulares que no clasicismo; alónganse ou acurtan segundo o gusto do compositor.
O ritmo é máis complexo e libre, con cambios frecuentes; ás veces empréganse dous ritmoscontrastantes e diferentes de forma simultánea.
O timbre enriqueceuse grazas aos avances técnicos aplicados aos instrumentos e ao gran desenvolvemento da orquestra.

Seguinte