Imaxe de REYES MONTERO VALE
Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por REYES MONTERO VALE - Venres, 27 de Febreiro de 2009, 12:02
 

Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki.

Aquí tedes a liberdade de propoñerme temas a tratar na nosa wiki, sempre que estén relacionados coas TIC

Imaxe de Marta García Piñeiro
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por Marta García Piñeiro - Mércores, 4 de Marzo de 2009, 12:03
  Penso que estaría ben facer un resumo do método que seguimos nestas clases e da materia que damos.
Imaxe de Enrique Díaz Zuaza
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por Enrique Díaz Zuaza - Venres, 6 de Marzo de 2009, 16:08
 

Eu penso que outro posible tema sería a evolución das TIC ó longo do tempo e a súa situación actual dentro da educación.

Imaxe de Ignacio  Lesta Ollero
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por Ignacio Lesta Ollero - Luns, 9 de Marzo de 2009, 10:46
Eu penso que deberiamos descansar porque isto é un traballo continuo e estamos en época de examenes. As actividades sería mellor facelas con temas que nos interesen a cada un.
Imaxe de Hector Fernández Arribas
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por Hector Fernández Arribas - Luns, 9 de Marzo de 2009, 10:52
Eu penso que xa esta ben, porque todos os dias hai unha actividade nova, e temos moitos exames e queremos descansar, ou aínda que sexa, que des máis tempo para facer os traballos porque senón hai que facelos a carreiras. E cada un que faga do tema que queira porque faise con máis interese.

veña nos vemos
Imaxe de REYES MONTERO VALE
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por REYES MONTERO VALE - Xoves, 12 de Marzo de 2009, 21:25
 

Sinto, pero xa vedes que non vos mando traballos para a casa, e o traballo que poño sobra o tempo das clases, pero claro , chatear, escoitar música, ler a prensa, e facer os traballos, non da tempo a todo.

ánimo que xa queda pouco

Imaxe de Marco Iorio Salceda
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por Marco Iorio Salceda - Xoves, 12 de Marzo de 2009, 21:05
Eu penso que necesitariamos máis tempo para facer os traballos porque senón a xente faino ás presas e mal. Como tema poderías deixar escoller a cada un o que queira nalgúns traballos.
Imaxe de Pablo  García Rodriguez
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por Pablo García Rodriguez - Domingo, 15 de Marzo de 2009, 21:33
penso Que deberia ser do que nós queiramos o tema e deixarnos empezalo a partir do 3º trimestre ou cando rematemos os exames
Imaxe de Jaime Ponce de Querol
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por Jaime Ponce de Querol - Luns, 16 de Marzo de 2009, 19:21
  Penso eu, ¿por qué non facer unha wiki sobre o funcionamento das propias wikis?
Imaxe de Darío Oreona Casas
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por Darío Oreona Casas - Sábado, 21 de Marzo de 2009, 09:33
 

En fin.... o que hai que ler ás veces... eu penso que grazas os traballos estamos aprendendo a facer cousas que antes non sabiamos... sobre todo no Word que aínda que saibamos como é o programa en conxunto, non coñecemos os recunchos que ten certo programa, igual que no Excel, no Writer... etc. Con respecto ás fechas de entrega dos traballos haberá que irse adaptando.

Vémonos!

Imaxe de REYES MONTERO VALE
Re: Proposta de temas relacionados coas TIC para elaborar na wiki
por REYES MONTERO VALE - Luns, 23 de Marzo de 2009, 11:28
  Ben, xa vexo que te mentalizache en que eres tí o que tes que espabilar e coller o ritmo do resto da clase