Metano: O metano é o hidrocarburo alcano máis sinxelo, é un gas. A súa fórmula química é CH4.

Cada un dos átomos de hidróxeno está unido ao carbono por medio dun enlace covalente. É unha sustancia non polar que se presenta en forma de gas a temperaturas e presións ordinarias. É incoloro e inodoro e apenas soluble en auga na súa fase líquida.

Na natureza prodúcese como produto final da putrefacción anaeróbica das plantas, este proceso natural pódese aproveitar para producir biogás. Pode constituír ata o 97% do gas natural. Nas minas de carbón denomínaselle grisú e é moi perigoso pola súa facilidade para inflamarse.

» GLOSARIO DA BIOMASA