Pregunta nº1:XOGANDO AS ADIVIÑAS.-----SOLUCIóN.
Un rapaz ten unha morea de pedras do mesmo tamaño.
Colle 45 e fai con elas catro moreas de maneira que:
si lle pon dúas pedras máis a primeira,
lle quita dúas á segunda, dobra o número de pedras da terceira e deixa
a metade na cuarta morea ....entón obtén o mesmo número de pedras nas catro moreas.
¿Cántas pedras
había inicialmente en cada morea?
Pregunta nº2:A TROITA.----- SOLUCIóN.
Nunha conversa entre dous troiteiros, cada un deles presumiu da medida da troita pescada. Un deles
, Antonio, non querendo quedar por mentireiro nin esaxerar, como é costume, procurou contarlle o que
pescará da seguinte maneira: a cabeza media 12 cm, o corpo media tanto como a cola máis a terceira
parte da cabeza e a cola media tanto como a cabeza máis a terceira parte do corpo.
¿Cánto media a troita que pescou Antonio?
Pregunta nº3:O MELLOR MELOCOTÓN.-----SOLUCIóN.
A froiteira da tenda "O MELLOR MELOCOTÓN" ten como símbolo do seu negocio unha pirámide moi fermosa
feita con melocotóns. Cando a xente lle merca esta tipo de froita, o rapaz que lle axuda, ten que estar
moi atento para refacer a pirámide.
Acaba de vir unha clienta e levou melocotóns de maneira que á pirámide só lle queda a base de
5 x 5 melocotóns.
¿Cántos melocotóns necesita o rapaz para refacer a pirámide?
Pregunta nº4:A LEIRA DE REPOLOS.-----SOLUCIóN.
Un labrego de Ourense plantou o ano pasado unha leira cadrada con repolos, de maneira que tiña
o mesmo número de filas que de columnas.
Este ano pensou que si facía os regos máis estreitos, colleríalle unha fila e unha columna máis.
Desa maneira recollería 93 repolos máis que o ano pasado.
Pero, ¿cántos repolos recolleu na última colleita?
Pregunta nº5:ABANDEIRADOS.-----SOLUCIóN.
Na fábrica de bandeiras "O Gallardete" decidiron hoxe utilizar tres cores (azul, verde e branca) para fabricar bandeiras monocromáticas, bicromáticas ou tricromáticas.
Os deseños faranse todos das mesmas dimensións utilizando franxas iguais, horizontais ou verticais, sen repetir cores.
¿Cantas bandeiras diferentes se poden deseñar nestas condicións?
##################################################