Problemas de razoamento


Pregunta nº6:AS CESTAS DOS OVOS.-----SOLUCIóN.

Sabela levou ó mercado seis cestas con ovos. Nunhas cestas levaba ovos de galiña e noutras de parrulo.
Neste momento quédanlle nas cestas 5, 6, 12, 14, 23 e 29 ovos, respectivamente. Sabela pensa: "Se vendo os ovos desta cesta quedaranme o dobre de ovos de galiña ca de parrulo"
¿A que cesta pensas que se refire Sabela e cantos ovos de galiña e de parrulo ten agora?



Pregunta nº7:O RECTÁNGULO BAILARÍN.-----SOLUCIóN.

O rectángulo que está de pé, en posición vertical, ten unha superficie de 40 cm².
Dado que ti es unha persoa suficientemente aguda, estamos seguros de que non precisas facer ningún cálculo raro nin aplicar ningunha fórmula....
Vamos, que queremos que nos expliques do xeito máis claro posible canto vale a área do rectángulo inclinado e por qué.



Pregunta nº8:ASPAS.-----SOLUCIóN.

Supoñendo que o lado do cadrado fose de 8 cm, ¿cal sería o valor da medida da superficie da zona sombreada?





Pregunta nº9:MOITO DEZAOITO.-----SOLUCIóN.

¿Cantos números de catro cifras, rematados en 18, son múltiplos de 18?









Pregunta nº10:O SOLAR DE FARRUCO.-----SOLUCIóN.

Farruco, xubilado duns 67 anos, tiña un solar coma o do plano, bastante ben situado na Coruña, que llo mercaba unha constructora e que llo pagaba a 900 €/m2. Antes de vendelo el quería calcular a área, pero debido á súa forma irregular parecíalle un tanto complicado.

Lembrouse que, cando ía á escola, o seu mestre lle ensinara que se podía triangular a figurae que un tal Herón de Alexandría tiña unha fórmula que servía para calcular a área de calquera triángulo se se lle medían os seus lados.

A fórmula atopouna no vello caderno que aínda conservaba.

Calcula ti a área do solar de Farruco sabendo que o plano da mesma está feito a escala 1:200







Ir á páxina anterior Ir á páxina seguinte


##################################################


Volver ó menú Obradoiro