Eleccións febreiro 1936
A campaña electoral para as eleccións de febreiro
de 1936 foi moi axitada e de elevada violencia verbal, con ataques mutuos
entre os candidatos das formacións que a el as concorrían. A
esquerda presentábase unida, pero as dereitas non presentaron un programa
único (CEDA, Bloque Nacional, Falanxe), aínda que nalgunhas
zonas fixeron pactos puntuais para as eleccións (Fronte Nacional Contrarrevolucionaria).
As eleccións do 16 de febreiro deron o triunfo á Fronte Popular.
O día 19 Azaña formou un goberno composto só por republicanos
de esquerda, conforme ao pactado antes das eleccións.
| PSOE | 89 | Nacionalistas de dereita | 22 |
| CEDA | 87 | Renovación Española | 22 |
| IR (Esquerda Republicana) | 84 | PCE | 16 |
| UR (Unión Republicana) | 37 | Agrarios | 11 |
| ERC (Esquerra Republicana Cataluña) | 36 | PRR (Partido Republicano Radical) | 5 |
| Republicanos de centro | 23 | Outros | 39 |