| ETAPAS DA SEGUNDA REPÚBLICA
(1931-1936)
1º) O GOBERNO PROVISIONAL ( do 14
de Abril 1931 a Xuño 1931)
14 de Abril: Proclamación da II República. Alfonso XIII
abandona España e fórmase un Goberno provisional encargado
de preparar eleccións a Cortes Constituíntes.
2º) O BIENIO DE ESQUERDAS (das eleccións
de Xuño.31 ás eleccións de Novembro 33)
Cortes: maioría republicano-socialista.A dinámica política
do periodo está marcada por:
A aprobación dunha nova Constitución democrática
e o programa de Reformas.
3º) O BIENIO DE DEREITAS (das eleccións
de Novembro 33 ás eleccións de Febreiro36)
Cortes: maioría de centro-dereita .Paralización da política
reformista do bienio anterior e oposición da Esquerda : Revolución
de Outubro (Asturias). Falta de entendemento entre o presidente da República,
a CEDA e os radicais.
4º) A FRONTE POPULAR (das eleccións
de Febreiro 36 ao levantamento militar de Xullo36)
Cortes: maioría de esquerdas. A coalición da Fronte Popular
obtivo unha victoria axustada nas eleccións e incluía no
seu programa a recuperación das reformas do primeiro bienio.. O
Goberno tenlle que facer fronte as presións do movemento popular
e as manobras dunha dereita política que vai centrándose
na preparación dun golpe de Estado.
SELECTIVIDADE: A
Proba de selectividade consiste en facer unha composición baseada
nunha serie de documentos históricos. Aqui atoparas consellos de
como facela e varios exemplos, algúns deles de probas de selectividade
xa celebradas.
volver a páxina principall
Esta páxina foi realizada polo profesor do departamento FernandoPrieto
Valdés, podes enviar comentarios e suxerencias a Fernando
Prieto
.
|