As eleccións municipais e a proclamación da República.
As eleccións municipais do 12 de abril déronlle un ha clara volta á situación política do país. O resultado electoral foi desigual: aínda que onúmero de concelleiros monárquicos superou globalmente ó de republicanos, nas grandes cidades os monárquicos sufríran unha gran derrota (en Madrid os republicanos obtiveron o triple de votos e en Barcelona, o cuádruple).

Logo de se coñece-lo resultado do escrutinío, o día 14 pola mañá, na localidade guipuscoana de Eíbar proclamouse a República e, ó longo do día, tamén noutras cidades españolas (Valencia, Sevilla, Oviedo, Zaragoza, Barcelona...), mentres a poboación saía á rúa para celebra-la chegada do novo réxime. Ante a nova situación, Afonso XIII suspendeu a potestade real e decidiu abandona-lo país partindo cara ó exilio.

En Madrid, os membros do Comité revolucíonario republicano dírixíronse á Porta do Sol onde tomaron posesión do goberno e proclamaron a República no medio do entusiasmo popular. Formouse un Goberno provisional no que participaron a dereita líberal republicana (Miguel Maura e Niceto Alcalá Zamora), republicanos de esquerda (Manuel Azaña e Marcelino Domingo), republicanos radicais (Alexandre Lerroux, Diego Martínez Barrio), socialistas (Francisco Largo Caballero, Indalecio Prieto e Fernando de los Rios)

A porta do sol en Madrid o 14 de Abril de 1931.