O Estado catalán.

 

En Cataluña a rebelión de 1934 tivo unha dobre vertente: por un lado os obreiros, seguindo as consignas da Alianza Obreira, protagonizaron unha folga xeral; por outro, a Generalitat, dominada pola esquerda e dirixida por Lluís Companys,sublevouse contra o Goberno central e proclamou a formación do Estado catalán dentro da República Federal Española. A falta de coordinación entre os obreiros e a Generalitat, e a escasa participación da CNT facilitou o control da situación polo exércitO. O Estatuto catalán foi suspendido e os membros da Generalitat foron detidos e condenados a distintas penas de cárcere.