O Goberno Provisional

O primeiro paso da república foi a formación dun goberno provisional que reflectía os acordos do Pacto de San Sebastián. Asi habia dous representantes da dereita republicana (Alcalá Zamora e Miguel Maura) dous de centro dereita (os radicais), dous radicais socialista e un de esquerda republicana (Azaña). Ademais dos republicanos habia representación do PSOE (tres) e dós nacionalismos catalán, vasco e galego. Era un goberno de concentración. As suas duas tarefas iniciais foron: unha série de disposicións de carácter reformista e a convocatoria de eleiccións constituintes.

Goberno Provisional da República: De esquerda a dereita aparecen: Diego Martinez Barrio, José Giral, Largo Caballero, Miguel Maura, Alejandro Lerroux, Niceto Alcalá Zamora (presidente), Álvaro de Albornoz, Fernando de los Ríos, Indalecio Prieto, Marcelino Domingo, Manuel Azaña e o galego Santiago Casares Quiroga.