Sublevación do xeneral Sanjurjo ( Agosto 1932)

Sanjurjo encabezou un levantamento militar en Sevilla contra a República contando co apoio de monárquicos, latifundistas andaluces e algúns militares descontentos.
O Goberno puido controlar a situación, e os participantes na sanjurjada foron detidos e condenados. Como reacción, os republicanos e socialistas deixaron de lado as súas diferencias e aproximaron as súas posturas, o que permitiu a aprobación de leis como o Estatuto de Autonomía de Cataluña, a expropiación de terras da alta nobreza e a Lei de Reforma Agraria.

Sanjurjo foi liberado no bienio de dereitas e foi a cabeza da sublevación do 18 de Xullo de 1936. Faleceu nun accidente aéreo en Lisboa cando se dirixía a España a liderar o golpe.