Afonso XIII

Rei de España nado en Madrid en 1886 e falecido en Roma en 1941. Fillo póstumo de Alfonso XII, foi proclamado rei o mesmo dia do seu nacimento baixo o tutela da sua nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. Durante a sua minoria de idade tivo lugar a guerra cos Estados Unidos que finalizou coa sinatura do tratado de Paris (1898) polo que España perdia Cuba e Filipinas . O 31/5/1906 casou-se con Vitória Eugenia de Battemberg. A mobilidade de traballadores para ir á guerra en Marruecos xunto á situación social dos obreiros levaron a chamada Semana Tráxica de Barcelona (25 de xullo a 1 de agosto de 1909), tras o que tivo que sofrer protestas no estranxeiro a causa da condena de morte a Francisco Ferrer Guardia. Iso levou a nomear presidente do Goberno a José Canalejas (Partido Liberal) Desde 1912, as loitas no protectorado de Marruecos foron incrementando-se , ata que en xullo de 1921 produciuse o terríble desastre de Annual . A crítica situación española levou a que Miguel Primo de Riveira en setembro de 1923 dese un golpe de estado aprobado polo Rei. Esto sería decisivo no resultado das eleccións municipais de 12/4/193. Despois abdica e abandona España exilado