|
Niceto Alcala-Zamora (Priego, Córdoba,1877- Bos Aires,1949) Membro dunha
familia liberal, estudiou dereito en Granada . Integrouse no Partido Liberal
co Conde de Romanones, polo que en 1906 converteuse en deputado. Director
Xeral de Administración Local en 1910, logrando despois ser Subsecretario
de Gobernación (1912), cargo do que dimitiu pola sua oposición
á lei de Mancomunidades. Durante a I Guerra Mundial foi partidário
da neutralidade de España. Durante a monarquia foi ministro de
Fomento (1917) no goberno de García Prieto e ministro de guerra
(1922). Foi representante de España na Sociedade de Nacións.
nun famoso discurso pronunciado en 1930 en Valéncia retirou o seu
apoio á monarquia, mostrandose partidario dunha República
conservadora. |