Don Manuel Azaña Díaz naceu en Alcalá
de Henares en 1880. Licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza
en 1897, se doctoró en 1900. Dirixiu as revistas A Pluma e España
entre 1920 e 1924. Foi secretário do Ateneo de Madrid (1913-1920)
e Presidente en 1930. En 1926 fundou Acción Republicana, perseguído
pola Dictadura de Primo de Rivera.
Formou parte do Comité Revolucionário
(1930), que contribuiu á instauración da II República,
en cuio goberno provisional ocupou a carteira de Guerra primeiro e a Presidencia
despois. As eleccións a Cortes Constituyentes en Xuño de
1931, confirmaronlle como Xefe do Executivo, posto do que dimitirá
en Setembro de 1933.
En Abril de 1934, xa na oposición, conseguiu
a unidade republicana cos partidos de Marcelino Domingo e Santiago Casares
Quiroga, dando lugar a Esquerda Republicana, organización política
da que foi elexido Presidente. En Outubro do mesmo ano foi detido baixo
a falsa acusación de estar implicado nos sucesos revolucionarios
de Asturias e Cataluña. Cumpliu a sua condena a bordo do destructor
Sánchez Barcáiztegui, anclado no porto de Barcelona. Tra-la
sua liberación en Xaneiro de 1935 iniciou unha campaña política
que deu lugar á creación da Fronte Popular, coalición
que obtivo a vitoria nas eleccións de Febreiro de 1936. En Maio
daquel ano foi elexidto Presidente da República, cargo que ocupou
durante a guerra civil. Faleceu en Montauban en Francia, tras unha longa
enfermidade, o 3 de Novembro de 1940, tras se ter exilado durante as postrimerías
da guerra. Foi enterrado dous dias despois e a pesar dos seus desexos,
a bandeira tricolor republicana non cubriu o seu féretro, posto
que non foi autorizado e houbo de se substituir pola bandeira francesa.