(Tuy, Pontevedra,1893-Madrid,1936) Economista e xurista.Catedrático
da Universidade Central e afiliado o Partido Conservador de Maura. Comezou
como oficial administrativo no Ministério de Graza e Xustiza. En
1919 foi elexido deputado a Cortes polo distrito de Carballino (Ourense
). En 1922, os 28 anos, foi Gobernador Civil de Valencia. Con Miguel Primo
de Rivera foi director xeral de Administración Local, carrego desde
o que redixiu o Estatuto Municipal de 1924. En 1925 foi nomeado Ministro
de Facenda na dictadura. Coa República houbo de fuxir por unha
persecución (en 1931 foi elexido deputado pero o parlamento republicano
anulou a sua elección). Poido tornar por unha amnistía (maio
de 1934) como deputado con Renovación Española e despois
do Bloque Nacional, e asi, desde 1933 opuxose rotundamente ao Fronte Popular
cuns discursos de corte fascista no parlamento, o que levou a que membros
da policia republicana o asasinasen en Madrid o 13/7/36, o que acelerou
o erguemento contra a República.