SANTIAGO CASARES QUIROGA

Santiago Casares Quiroga naceu en 1884 na Coruña e morreu en 1950 no exilio. Foi un dos asinantes do pacto de San Sebastián e, o proclamarse a República, foi ministro de Mariña e Gobernación, proviña do republicanismo galegoe foi fundador e lider do ORGA, despois integrouse no partido de Azaña Esquerda Republicana. Despois do triunfo da Fronte Popular e tras o pase de Azaña á presidéncia da República, ocupó o cargo de primeiro ministro e ministro de Guerra, desbordándolle as circunstancias do momento: violencia nas ruas e conspiración militar. O 17 de Xullo cando saía do ministério os xornalista lle abordaron preguntandolle sobre o alzamento de Yagüe e Franco; a sua resposta ficou para a história; "Pois moi ben, se eles se ergueron, eu voume deitar". Se opuxo á distribución de armas o povo e dimitiu, sendo substituído por Giral, coa misión de buscar axuda internacional que acabase co golpe.