|
Lluís Companys i Jover
Político catalán e Presidente da Generalitat
durante a Segunda Republica Española
Representou a tendéncia esquerdista do Partido Republicano
Catalán e foi elexido en representación de dito partido,
rexedor do concello de Barcelona o ano 1917 nas eleccións lexislativas
de decembro de 1920, Companys foi elexido diputado por Sabadell en representación
do Partido Republicano Catalán. Elexido, novamente, rexedor do
concello de Barcelona o 12 de abril de 1931, a media mañá
do dia 14 entrou, con Amadeu Aragay, Lluhí i Vallescà e
de outros, na casa consistorial, onde depuxo ao alcalde accidental Antoni
Martínez i Domingo, tomou posesión da alcaldía e
desde o balcón proclamou a República en Catalunya.
Ao falecemento de Francesc Macià, o presidente do
Parlamento de Catalunya, apresentou-no como presidente da Generalitat:
ocupó o posto o 1 de xaneiro de 1934 con 56 votos a favor, 6 en
branco e a absteción da Liga Catalana.
O 6 de outubro de 1934 proclamou o Estado Catalán
dentro da República Federal Española o que lle costaría
unha condena o carcere.
á entrada das forzas franquistas en Barcelona, exilou-se
en Francia en xaneiro de 1939. Detido polas forzas do goberno alemán,
foi-lle aplicada a extradición e devolverono a España.
Despois dun consello de guerra sumarísimo, foi fusilado,
o 15 de outubro de 1940, no castelo de Montjuïc de Barcelona.
O Estádio Olimpico de Montjuic leva o nome de Lluís
Companys na sua honra.
|