Naceu en Madrid o 15 de Outubro de 1869, na praza madrileña
de Chamberí. Afiliado a UGT en 1890 e o PSOE tres anos mais tarde,
a sua traxectória política e sindical fanlle ocupar altos
cargos no partido e no sindicato, foi ministro de traballo no bienio progresista,
onde desenvolveu unha ampla labor lexislativa social como a lei de termos
municipais, e chegou a ser presidente do goberno da fronte popular. Foi
prendido varias veces polos seus labores políticos, como en 1919
e en 1934, foi o líder indiscutible da UGT e o PSOE durante 30
anos. Como presidente do goberno durante a guerra civil foi partidario
das boas relacións cos rusos, pero, ao seu xuízo, estes
querian controlar demasiado e rompeu relacións; é famoso
o feito de que botase do seu despacho, de más maneiras, ó
embaixador ruso Rosenberg. Isto unido a que se negaba á ilegalización
do POUM tras os sucesos da telefónica de 1937, lfixolle asinar
a sua sentencia de morte política. Exilado en Francia, foi apresado
polo goberno de Vichy e entregado á gestapo que o interna no campo
de Orianemburgoem en 1943. Foi liberado en 1945 e morre en 1946, triste,
amargado e derrotado, como a clase obreira española da primeira
metade do século XX do que foi símbolo e un dos seus lideres
mais importantes.