Alejandro Lerroux

Fundador e principal dirixente do Partido Radical. Durante o reinado de Afonso XIII foi un lider revolucionario e eran famosos os seus discursos incendiarios.

En 1930 asinou o Pacto de San Sebastián e formou parte do comité revolucionário que preparou a chegada da República. Foi ministro de Estado no goberno provisional de Alcalá Zamora e tamén con Azaña (ainda que de éste último saiu pola sua oposición aos socialistas). Tras a caída de Azaña en setembro de 1933 foi presidente do Consello de Ministros, pero por carecer de apoio parlamentário foi pronto substituído por Martínez Bairro (en outubro). Tras as eleccións de novembro de 1933 formou novo goberno coa CEDA. En abril de 1934 caiu o seu goberno, o cual recuperou en outubro de 1934, momento no que polo feito de dar tres ministérios a membros da CEDA (partido mais votado nas eleiccións) sofreu un erguemento armado por parte da esquerda socialista e comunista en Asturias (outubro de 1934) e en Cataluña de carácter independentista. Houbo de dimitir polo entón escándalo do estraperlo ou straperlo e subpuxo a prática destrucción do seu partido político. Durante o goberno de Chapaprieta , o seu sucesor, foi Ministro de Estado (1935). nas eleizóns de febreiro de 1936 non obtivo nengun diputado. O 17 de xullo de 1936 atopaba-se en San Rafael, na serra do Guadarrama, en plena liña de fronte, fuxindo a Portugal, desde onde apoiou o Alzamento do 18 de xullo. Durante a guerra polo mero feito do parentesco o goberno republicano ingresou en cadea á sua irmá Adriana, ao que o seu ministro de Gobernación (Ángel Galarza) proibiu sair de cadea para receber tratamento médico nos ollos, o que a provocou unha cegueira definitiva. Tornou a España en 1947. Escrebeu A pequena história de España (1945), Ao servizo da República e A miñas memórias (1963).